AB Fisioterapia Osteopatía

Centro de Fisioterapia e Osteopatía en Ames

Máis de 10 anos de experiencia no tratamento, diagnóstico e prevención de lesións.
AB Fisioterapia Osteopatía

Centro de Fisioterapia e Osteopatía en Ames

Máis de 10 anos de experiencia no tratamento, diagnóstico e prevención de lesións.
Un proxecto creado cun único obxectivo: prestar o mellor servizo aos nosos pacientes. Para iso propoñémoslle unha fisioterapia a medida, 100% manual. Somos o seu centro de fisioterapia e osteopatía en Ames. Estamos en Augapesada, no Camiño de Santiago a Fisterra.

Fisioterapia + Osteopatía

Formación continua

Razoamento clínico

Fisioterapia e Osteopatía

En AB Fisioterapia e Osteopatía tratamos aos nosos pacientes aplicando o mellor das dúas disciplinas. Aínda que ambas disciplinas teñen enfoques diferentes, a súa combinación pode ofrecer unha aproximación integral e efectiva ao tratamento de diferentes condicións musculoesqueléticas e neurolóxicas. Desde o noso Centro de Fisioterapia e Osteopatía en Ames atendemos a pacientes de Bertamiráns, Santiago de Compostela, Negreira e arredores. Ao estar no Camiño de Santiago a Fisterra, tamén ofrecemos un servizo específico de fisioterapia e osteopatía para peregrinos.

Beneficios de combinar fisioterapia e osteopatía

Alba Blanco Fisioterapeuta Osteópata Ames Bertamiráns

"Find it, Fix it, and leave it alone." (Atope a lesión, trátea e deixe actuar ao organismo)

Tratamentos

As miñas mans, a ferramenta principal

A Terapia Manual ou Terapia Manual Ortopédica é a especialidade da Fisioterapia, que clasicamente definiuse como a arte e a ciencia do tratamento das condicións neuro-músculo-esqueléticas disfuncionais do ser humano, mediante manobras musculares, articulares e viscerais baseadas no estudo biomecánico das mesmas.

A terapia manual vai máis alá do simple acto terapéutico para solucionar un síntoma ou recuperar unha función. A terapia manual como concepto de traballo, é un método de actuación fisioterápico de valor terapéutico e preventivo incalculable.

A punción seca (PS) consiste no emprego do estímulo mecánico dunha agulla como axente físico para o tratamento da síndrome de dor miofascial (SDM). Úsase o adxectivo «seca», non só por ser fieis ao termo inglés orixinal (dry needling), senón tamén para enfatizar o feito de que non se emprega ningún axente químico e, así, distinguila inequivocamente doutras técnicas invasivas nas que se infiltra algunha substancia, como anestésicos locais, auga estéril, soro salino isotónico, antiinflamatorios non esteroideos ou toxina botulínica.

O SDM defínese como o conxunto de signos e síntomas causados polos puntos gatillo miofasciais (PGM), que inclúen dor (frecuentemente referida, é dicir, experimentada fóra da zona onde se atopa o PGM responsable), debilidade muscular, restrición de mobilidade, descoordinación.

No noso Centro de Fisioterapia e Osteopatía en Ames e o Camiño de Santiago a Fisterra utilizamos esta técnica cando as circunstancias do paciente así o aconsellan.

Punción seca fisioterapia tratamento dor contractura costas rehabilitación

Trátase dunha ferramenta terapéutica de gran axuda e moi efectiva a curto prazo, pero que non substitúe ao resto de técnicas fisioterapéuticas ou osteopáticas e que debe estar sempre dentro do marco terapéutico global da lesión.

A fibrólise diacutánea é un método de tratamento das alxias do aparello locomotor, cuxo obxectivo é liberar os planos de deslizamento inter-tisulares das súas adherencias e corpúsculos irritativos, por mobilizacións tisulares analíticas e específicas. Realízase mediante uns ganchos aplicados sobre a pel. A técnica de Fibrolise foi creada polo fisioterapeuta sueco KURT EKMANN.
As técnicas de Fibrólise fóronse incorporando no arsenal terapéutico do fisioterapeuta.

O SDM defínese como o conxunto de signos e síntomas causados polos puntos gatillo miofasciais (PGM), que inclúen dor (frecuentemente referida, é dicir, experimentada fóra da zona onde se atopa o PGM responsable), debilidade muscular, restrición de mobilidade, descoordinación.

Actualmente son moi utilizadas no ámbito do deporte, pero tamén en calquera ámbito relacionado co sistema neuromusculoesquelético como a traumatoloxía e a reumatoloxía. Utilizamos esta técnica de tratamento no noso centro de Fisioterapia en Ames e o Camiño de Santiago a Fisterra.

Coa fibrolise tratamos as alxias mecánicas mediante a destrución de adherencias e corpúsculos irritativos interaponeuróticos ou mioaponeuróticos mediante uns ganchos aplicados sobre a pel.

Osteopatía tratamento masaxe dor muscular rehabilitación fisioterapia fibrólise
Exercicio fisioterapia adestramento postural tratamento dor osteopatía Ames Bertamiráns
Acondicionamento físico fisioterapia osteopatía adestramento persoal exercicios Ames Bertamiráns
Adestramento acondicionamento físico fisioterapia rehabilitación osteopatía preparación física

En AB Fisioterapia entendemos o exercicio terapéutico como elemento clave na recuperación e prevención de lesións. O programa de exercicios terapéuticos está enfocado a tonificar a musculatura, restaurar a mobilidade articular normal, diminuír a dor e mellorar a capacidade funcional da vida diaria.

Deseñamos un plan de exercicios específico para promover a súa recuperación e evitar posibles recidivas.

Fisioterapia osteopatía rehabilitación accidentes tráfico

Accidentes de tráfico

Se tivo un accidente de tráfico e quere facer un proceso de rehabilitación centrado en vostede, pídanos información.

> Todos os pacientes tedes liberdade absoluta de elección de centro en caso de sufrir un accidente de tráfico.

> A compañía de seguros non lle informará diso, pero teñen que cubrir todos os seus gastos médicos.

> Todas as clínicas podemos tratar pacientes vítimas de accidentes de tráfico.

Fisioterapia peregrinos Camiño de Santiago Fisterra tratamento masaxe

Fisioterapia para o Peregrino do Camiño de Santiago

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia editou un manual para axudar aos peregrinos: FISIOTERAPIA NO CAMIÑO DE SANTIAGO.

Está en catro idiomas, galego, francés, español e inglés

Para atender as necesidades especiais dos peregrinos que fan o camiño de Santiago a Fisterra, AB Fisioterapia e Osteopatía conta cun equipo especializado que aplica as técnicas máis apropiadas para cada patoloxía.

• Descarga de pernas.
• Recuperación muscular da fatiga e dor muscular.
• Tratamento circulatorio.
• Tratamento de tendinite, pés inchados e dor de costas.
• Dor cervical, sobrecargas e contracturas derivadas das cargas soportadas e os sobreesforzos.

A nosa localización en Augapesada (Ames) xusto no Camiño de Santiago a Fisterra permítenos atender aos peregrinos no mesmo Camiño.

Ademais, en AB Fisioterapia ofrecemos aos peregrinos consellos e recomendacións para afrontar as etapas do camiño nas mellores condicións, antes do inicio, durante a marcha e á súa finalización.

Se está programando o seu camiño, solicítenos información sobre os nosos servizos de fisioterapia e osteopatía para peregrinos do Camiño de Santiago. Estaremos encantados de atendelo.

O que me diferencia

Metodoloxía ABFO

1.

Traballo en base a dous piares fundamentais para ofrecer o mellor servizo: FISIOTERAPIA E OSTEOPATÍA

2.

Non traballo sobre o síntoma, senón sobre a causa, buscando a recuperación óptima.

3.

Atención individualizada: non compartimos o seu tempo con outros pacientes. Estamos con vostede o tempo que dure a sesión

4.

Tempo por sesión: garantimos un tempo de atención que oscila entre os 45 e os 50 minutos por sesión.

Alba Blanco Fisioterapeuta Osteópata Ames Bertamiráns

5.

Sen interrupcións: a prioridade é vostede, por iso desde o momento que comezamos a sesión non a interrompemos.

Contacte

Para calquera consulta ou para pedir cita no noso Centro de Fisioterapia e Osteopatía en Ames, non dubide en contactar sen compromiso.

Scroll ao inicio